publicidade hoxe

A Cañiza aposta pola integración de alumnos con necesidades especiais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Este venres o  Alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, fixo entrega a Marcos Piñeiro, director do  Centro Público Integrado da Vila, dun lote de manuais adaptados para atender as necesidades dos alumnos con intelixencias múltiples de todos os cursos de primaria. Preténdese así, favorecer a integración na aula destes alumnos e facilitar os apoios necesarios ao profesorado para levar a cabo esta tarefa. O material comprouse á Fundación Integra a través dunha subvención outorgada á agrupación local ANEPA (Alumnos con Necesidades Especiais da Paradanta).

A esta iniciativa súmase a apertura no mes de setembro dun gabinete psicopedagóxico nunha aula na 1ª planta do Edificio Multiusos cedida polo Concello,  que proporcionará aos alumnos as axudas e reforzos terapéuticos que necesitan, e evitará así, os desprazamentos destes ás cidades de Vigo e Ourense.

Ademais organizáronse, coa colaboración do Concello, xornadas de información sobre o Autismo e o TDAH e unha exposición fotográfica sobre o Autismo que axudaron a familiarizarse con estes trastornos e comprender  e traballar este tipo de condutas.

Tamén desde o Concello déronse todas as facilidades para solicitar e cumprimentar as bolsas para necesidades educativas especiais, superando as 20 solicitudes soamente no termo municipal da Cañiza. Con estas bolsas as familias poderán pagar os honorarios dos reforzos terapéuticos que estes estes  neno<sent\>s e mozos necesitan para mellorar o seu día a día

Coa posta en marcha destas medidas e iniciativas o Concello cumpre co compromiso adquirido con ANEPA que depositou a súa confianza na actual corporación comprometida desde o primeiro momento en traballar para mellorar a situación educativa dun colectivo moi numeroso na zona, eliminando obstáculos ás familias e apostando polas capacidades dos nenos con necesidades educativas especiais. 

25 de setembro de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.