publicidade hoxe

Un total de seis grupos participaran no Festival Folclórico da Festa do Pulpo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Presentación do Festival Folclórico

Presentación do Festival Folclórico

O edil Manolo Dacal presentaba hoxe a programación do festival folclórico da Festa do Pulpo, que este año organiza a agrupación Andasoa, que recollen o testigo dos anteriores organizadores Iago Güelin, para quen tiveron un recordo e agradecimiento polos anos impulsando este festival.

Este ano participaran seis grupos, de toda Galicia, o grupo Orcellón do Carballiño, Donas e Galáns de Ferrol, o grupo de Centro Recreativo e Cultural O Torreiro de Priegue, de Nigrán, e se inlcúe tamén nest efestival dous grupos de música folk, Zurrumalla de Vigo e Coanhadeira de Ourense. Estes dous grupos actuarán pola tardem, dende as 17:00 horas.

O concerto folk non será a única novidade deste ano, xa que tamén a chegada do sgrupos será novidosa. Cada unha das formacións partirán dun dos barrios da vila carballiñesa, para xuntarse no centro e baixar ata o Parque Municipal, levando asi a música deste festival o maior número d eveciños e veciñás.

Así mesmo Alicia González, unha das organizadoras, aseguraba que durante todo o festival se interactuará moito co público, estando previstas varias sorpresas para todolos asistentes.

7 de agosto de 2015 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.