publicidade hoxe

Un centenar de persoas participa na xornada de piragüismo na praia fluvial do río Verdugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Xornada de piragüismo

Xornada de piragüismo

Un centenar de persoa participou na xornada de piragüismo organizada polo  Concello da Lama dentro das actividades da Semana Cultural que finalizará mañá coa Festa da Terceira Idade que terá lugar, a partir das 14 horas, na Carballeira das Ermidas.

Os participantes, na súa maioría nenos non só residentes senón tamén visitantes que se achegaron até a praia fluvial do río Verdugo para participar nesta iniciativa, gozaron dunha xornada en contacto coa natureza e practicando un deporte moi saudable. 

A actividade estivo coordinada por monitores do Club de Piragüismo Vilaboa e serviu como alternativa de lecer para aquelas persoas que, a pesar de que estaba nubrado e mesmo choveu unhas pingas de choiva durante a actividade,puideron gozar dunha tarde de convivencia coa contorna do río Verdugo.

Os participantes nesta experiencia puideron coñecer distintos tipo de piraguas, canoas, kaiaks, autovaciables, etc. así como as distintas técnicas empregadas polos padeeiros para facer avanzar estas embarcacións polo río Verdugo.

CHALECOS SALVAVIDAS OBRIGATORIOS E VIXILANCIA POR MONITORES

Os monitores puxeron a disposición dos participantes tanto material de seguridade, como chalecos salvavidas, pas e as propias embarcacións. Ademais, foron os encargados de realizar as indicacións apropiadas para permitir unha aprendizaxe segura do manexo das embarcacións. 

Con esta actividade, o Concello da Lama, pretende contribuír a dinamizar o verán no municipio con ofertas lúdicas de goce individual ou en familia e que non supoñan custo algún para o cidadán. Así mesmo, profúndase no compromiso pola sustentabilidade e unha calidade de vida dos lamenses en convivencia e respecto co río Verdugo e a súa contorna natural pondo en práctica actividades saudables e con todas as medidas de seguridade posibles a disposición dos participantes.

3 de agosto de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.