publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tres feridos na colisión de dous vehículos na Pastoriza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PastorizaSucesos
A-
A+
Europa Press

Tres persoas resultaron feridas na mañá deste xoves na localidade lucense da Pastoriza nun accidente rexistrado entre dous vehículos. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 10,30 horas na estrada LU-122, ao seu paso pola Pastoriza. Tras a colisión, un dos vehículos caeu por un terraplén. Até o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil e persoal sanitario que trasladou aos tres feridos a un centro hospitalario.

6 de agosto de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.