publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Touro celebra o 5 de agosto a tradicional ‘Feira dos Emigrantes’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaTouro
A-
A+

O Concello de Touro acolle o vindeiro mércores, día 5 de agosto, a tradicional ‘Feira dos Emigrantes’. Fonte Díaz, capital do Concello, será o escenario da cita para veciños e forasteiros. Todos os ‘días 5′ de cada mes hai feira en Touro, pero a de agosto cobra especial relevancia porque serve para que os veciños de Touro que emigraron a outras zonas de España ou de Europa en busca de traballo poidan reencontrarse. Persoas que residen durante todo o ano en Cataluña, País Vasco, Suíza ou Alemaña volven no mes de agosto ao municipio coruñés e a feira convértese nun lugar para o reencontro. O Concello de Touro porá buses a disposición dos veciños que queiran acudir á feira. Sairán desde as parroquias ás 10.00 horas e regresarán ás 16.00 horas.

A partir das 12.00 horas está prevista a actuación da charanga ‘O Santiaguiño’, que animará a xornada de compras nos postos que se instalan desde primeira hora da mañá nas rúas de Fonte Díaz. Tamén estarán instaladas as pulpeiras, tradicionais no día dedicado aos emigrantes. Coa celebración da ‘Feira dos Emigrantes’ comeza un mes de agosto cheo de actividades no municipio coruñés. O vindeiro domingo 9 de agosto celebrarase a Festa dos Maiores de Touro.

3 de agosto de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.