publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Taller de xadrez en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O Concello de Guitiriz comeza unha actividade dirixida ao público en xeral co obxectivo de que experimenten co xadrez. Este taller está incluído dentro do programa de lecer “Por si é do meu agrado” e celebrarase nos meses de agosto e setembro en horario de tarde, dous días á semana cunha duración de hora e media cada sesión.

Todas as persoas interesadas poden anotarse ata o mércores 12 de agosto no punto de información do Concello. Para todos os inscritos haberá unha xuntanza o mércores 12 de agosto na Escola Habanera ás 17.00 h.

No caso de que un grupo de persoas se sentan interesadas polo mesmo, a actividade terá continuidade no outono e no inverno.

7 de agosto de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.