publicidade hoxe

Soutomaior estrea novo coche para a Policía Local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Entrega do novo vehículo para a Policía Local de Soutomaior

Entrega do novo vehículo para a Policía Local de Soutomaior

A Policía Local do Concello de Soutomaior acaba de estrear o seu novo coche patrulla. Trátase dun Citröen Cactus de cor branca adquirido grazas a unha subvención da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia. O novo vehículo foi recibido a pasada semana polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, de mans do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

O novo modelo substitúe ao vello Peugeot 206 que foi retirado da circulación debido aos numerosos problemas mecánicos derivados do uso continuado do vehículo e que xa superaban o custo do mesmo, facendo imposible o seu uso para outros labores. O novo coche, máis amplo e funcional, conta “cos medios máis modernos e as características necesarias que esixen as situacións de emerxencia que atende a Policía Local”, afirmou o rexedor local de Soutomaior, Agustín Reguera, que cualificou a medida como unha “gran axuda para mellorar o servizo dun corpo tan importante como o da Policía Local, algo que repercutirá en beneficio de todos os veciños”.

O novo vehículo xa se atopa dando servizo polas rúas de Arcade e Soutomaior e conta con todo o equipamento necesario para realizar misións de emerxencias, auxilio e apoio, ademais das misións policiais normais.

4 de agosto de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.