publicidade hoxe

Sober repartirá o 12 de agosto 2.000 racións de rosca con queixo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSober
A-
A+
Presentación da Feira da Rosca de Sober

Presentación da Feira da Rosca de Sober

O Goberno local soberino, en colaboración con Queserías Prado, Artesanía de Galicia, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, celebrará os vindeiros días 11 e 12 de agosto a XX Feira da Rosca de Sober. O día grande, o mércores, haberá unha degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo.

Na XX Feira da Rosca de Sober participarán 4 rosqueiros e rosqueiras da localidade e instalaranse 14 postos a maiores, de artesanía e gastronomía. En concreto, dous oleiros, un posto de mel, tres panaderías, catro artesáns, tres queixerías e un posto de castañas do Caurel.

Programa

O martes 11 de agosto ás 21:00 horas levarase a cabo a apertura dos stands, situados na Praza do Concello. Ás 22:00 horas actuará Cé Orquestra Pantasma. De seguido, ás 22:30 horas haberá unha degustación gratuíta de rosca con licor café.

Mércores día 12

A Feira segue o mércores a partir das 10:00 horas co disparo de 20 bombas de palenque. Ás 10:15 horas farase a apertura dos postos. A partir das 10:30 horas actuará o grupo de música tradicional Érvedo. E ás 12 do mediodía o grupo de baile e música tradicional Pesdelán.

A partir das 13:00 horas farase a degustación de balde de 2.000 racións de rosca con queixo e actuará de novo o grupo Érvedo.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, convida a todos os veciños e veciñas e á xente da Comarca, así como a aqueles que se atopen de visita, a participar nun dos eventos con maior tradición da Ribeira Sacra a través “do que podemos enxalzar os produtos da zona e a nosa rosca mantendo vivo o traballo de tantos e tantos rosqueiros e rosqueiras que xa non están, pero que saben que o seu legado nunca vai desaparecer”. 

4 de agosto de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.