publicidade hoxe

Sete equipos galegos participarán no Campionato de España de Balonmán Praia en Roquetas del Mar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Sete equipos galegos (categorías cadete, xuvenil e sénior) participarán esta fin de semana (7 ao 9 de agosto) no Campionato de España de Balonmán Praia que se celebrará na praia das Salinas de Roquetas del Mar (Almería). En total serán 101 os equipos participantes neste torneo e Galicia será a segunda comunidade con maior representación, so por detrás de Andalucía. Os representantes galegos partirán hoxe (16:00 horas) dende Vigo.

Na categoría sénior masculina participarán un total de 28 equipos o balonmán praia galego contará con dous representantes: PTV HandStard e Painkillers. Na categoría sénior feminina a participación será de 21 equipos e o conxunto galego presente é o AC Kalo-Painkillers.

Na categoría xuvenil masculina participará o BMP Painkillers, mentres que na feminina o conxunto galego presente é o Beach Iñas. Por último sinalar que os representantes na categoría cadete son: Seis do Nadal (feminina) e CSG Pontevedra (masculina).

6 de agosto de 2015 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.