publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Semana do Cine en Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

O Concello de Guitiriz acollerá durante a semana do 17 ao 23 de agosto unha programación especial de Verán Cultural na “Semana do Cine”. Vanse realizar dúas actividades para rememorar unha oferta lúdico-cultural arraigada na vila – por algo estivo activa unha sá de cine durante bastantes anos. Os eventos serán os seguintes:

 1. OBRADOIRO DE CINE “XOGAMOS CÓ CINE”

Destinado a rapaces e rapazas entre 7 e 14 anos. Con esta actividade preténdese achegar á xente nova ó mundo do cine: ensinarlles todos os segredos a través de xogos e propostas divertidas coas que aprenden e o pasan ben.

A Actividade celebrarase do 17 ao 23 de Agosto de 10:00 h a 14:00h na Caseta ubicada no “Parque da Auga” sita na Rúa do Voluntariado.É gratuíta.

Para que se celebre terá que haber un mínimo de 10 participantes e un máximo de 20. Se houbera máis solicitudes que prazas seguirase un rigoroso orden de inscrición.

Para anotarse pódese utilizar calquera dos seguintes medios:

- De xeito presencial no Concello na Oficina de Turismo.

- Por teléfono no 982 370 109 , preguntando por Olga.

- Por E.mail: info@concellodeguitiriz.com

O prazo de inscrición vai dende o 7 ao 13 de Agosto.

2. PROXECCIÓN DE GRANDES ÉXITOS CINAEMATOGRÁFICOS : CINE CON HISTORIA

Aproveitando a semana do obradoiro, polas noites proxectarase cine ó aire libre, na praza situada entre a Escola Habanera e o Telecentro. Inicio da sesión ás 21:30 horas.

As películas seleccionadas son:

• LUNS: “La Reina de África” de John Huston. Protagonizada por Katharine Hepburn e Humprrey Bogart. Obtivo no 1952 un óscar ó mellor actor.

• MARTES: “Ser o no ser” de Ernest Lubitsch. Protagonistas: Carole Lombard e Jack Benny.

• MÉRCORES: “Johnny Guitar”, de Nicholas Ray. Actores: Joan Crawford, Sterling Hayden e Scott Brady.

• XOVES: “Un rey para cuatro reinas” de Raoul Walsh. Protagonizada por: Clark Gable, Eleonor Parker, Bárbara Nichols, Jean Willes e Sara Shane.

• VENRES: “Rebeca” de Alfred Hitchcock. Con Joan Fontaine e Laurence Oliver.

• SÁBADO: “La fiera de mi niña” DE Howard Hawks. Protagonistas: Cary Grant e Katharine Hepburn.

• O rematar cada session haberá un pequeno coloquio sobre o mesmo.

O lugar de proxección pode sufrir cambios se o tempo non o permitise.

6 de agosto de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.