publicidade hoxe

Salvaterra bailará ao “Son da Muralla” o sábado 8 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioSalvaterra de Miño
A-
A+

O próximo sábado 8 de agosto, no recinto amurallado de Salvaterra de Miño a partir das 23.00h,  terá lugar o maior festival dj ao aire libre de Galicia, O Son da Muralla. En poucos anos este festival, O Son da Muralla que este ano chega a súa XIV edición, converteuse nun referente da música DJ ao aire libre, onde acoden miles de persoas para desfrutar dos temas do momento cos DJ do momento.

Este ano o cartel está formado  por Henry Mendez, Stevenrod, Dj Charlie e Dj SON1C. Ademais de contar coa actuación  do performance Pablo Méndez todo un éxito garantizado

HENRY MENDEZ

Pese a que iniciou a súa carreira cantando hip hop y rap, a súa chegada a España comenzou a fusionar os estilos latinos coa electrónica, tan de moda no continente europeo. O lanzamento de “Rayos de Sol” no ano 2011 supuxo un antes e un despois na súa carreira musical, xa que o convertiu nun éxito mediático, sendo Disco de Platino en España, número 1 en ventas, radios e redes sociais. Con millóns de reproducións en You Tube as súas espaldas, lanzou os seus dous seguintes singles xunto ao DJ barcelonés José de Rico, “Noche de Estrellas” e “Te Fuiste”. En 2013 decide retomar a súa carreira en solitario, publicando “Mi Reina”, que o levou a ser o artista nacional máis vendido varias semanas consecutiva, número 1 en Spotify……

Publica tamén unha versión totalmente modernizada e transformada do clásico internacional “El Tiburón”, “Dejame contarte”, unha mezcla de sonidos tropicales y electrónico, “Dale Mambo”, todos ellos éxitos en las plataformas digitales.

No seu novo traballo de estudio, Henry Méndez fusiona os estilos cos que destacou dende os seus inicios e podendo escoitar temas dance, latinos, Reggaetón…. sen deixar de lado as súas raíces dominicanas. Conta coa participación de grandes artistas, como a famosa cantante mexicana Dulce María, o artista brasileiro Gabriel Valim, con quen versionou “Piradinha (Ella se vuelve loca)” e co canario Dasoul, titulado “Amarte más” un tema en contra da violencia de xénero.

STEVEN AFONSO

Steveb Afonso é un xoven DJ coñecido por Steven Rod. Considerado un dos DJs máis solicitados no mercado do House Music en Portugal, corre o país de Norte a sur así como outros países, como Suíza, Francia, España, Alemania…. Actuando nas discotecas mais coñecidas do mundo, como Pacha Ibiza

DJ SON1C

Dj galego, estivo de residente nas mellores discotecas galegas,  con grandes éxitos como” Fall in love”, “A festa non vai parar” ( o primeiro tema dace en galego), “Sin mirar atrás”, “Sen ti”, “Galicia está de Festa” e “Fiesta en Cabina”

DJ CHARLIE

DJ local  gran amante da música dos 80. Locutor de Vía Radio. Pódelo ver pinchando nas mellores discotecas de Galicia.

3 de agosto de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.