publicidade hoxe

Ponteverán leva aos xóvenes pontevedreses a unha observación astronómica en Forcarei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaForcareiPontevedra
A-
A+

Hoxe venres ás 21:30h. sairá un autobús con 55 persoas que participarán na Observación Astronómica que organiza o programa de ocio e tempo libre da Concellaría de Xuventude de Pontevedra, PONTEVERÁN. Mozos e mozas, nenos e nenas acompañados das súas familias, acudirán en grupo ao Observatorio Astronómico de Forcarei para gozar dende as 22:15 ata as 01 da madrugada, dunha observación impartida pola Agrupación Astronómica Rías Baixas.

Os participantes poderán observar o ceo dende o propio observatorio máis tamén, como vén sendo habitual, a Agrupación levará consigo telescopios e prismáticos para que todas as persoas poidan gozar desta actividade. Da man do monitorado da Agrupación Astronómica Rías Baixas realizaremos orientación e localización de corpos celestes, observación dos meteoros das Perseidas, ademais de poder ver un marabilloso Saturno que ofrece a súa mellor cara nestas datas.

Esta actividade está organizada pola Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, como cada ano por estas datas e dentro da súa programación de tempo libre para o verán, Ponteverán, dirixido á poboación infantil e xuvenil de Pontevedra.

7 de agosto de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.