publicidade hoxe

Os rapaces da Ludoteca de Verán de Lousame asisten a un concerto didáctico de percusión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Concerto de percusión

Concerto de percusión

Os nenos e nenas da Ludoteca de Verán do Concello de Lousame participaron nun concerto didáctico de percusión, impartido por Borja Cruz, veciño do municipio e alumno da Escola de Música de Lousame. Os pequenos, de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, recibiron a Borja no patio do CPI Cernadas de Castro, onde instalou unha batería.

Tras unhas primeiras demostracións a cargo de Borja, para explicarlles tanto os distintos compoñentes da batería como os distintos ritmos que se poden tocar con ela, os nenos e nenas de Lousame aceptaron o convite e saíron tocar eles mesmos. Incluso algún deles foi quen de aprender algúns acordes. 

A Ludoteca de Verán é unha iniciativa de conciliación da vida familiar e laboral das familias de Lousame durante os meses de xullo e agosto, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Conta con corenta prazas, que están cubertas, máis dúas dispoñibles para nenos e nenas que acoden por días soltos. A Ludoteca forma parte do programa Lousame Concilia, organizado polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo.

7 de agosto de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.