publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os cativos de Frades participan no obradoiro de cómic organizado pola Mancomunidade de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Obradoiro de cómic

Obradoiro de cómic

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes (SNL) continúa impartindo o seu obradoiro de cómic entre a rapazada da comarca. Nesta ocasión foi o turno para os nenos e nenas do Concello de Frades. A través dunha historia protagonizada pola familia dos Bolechas, todas e todos eles traballan dun xeito moi divertido co obxectivo de estimular a creatividade e o desenvolvemento de actitudes favorables para o uso do galego.  O punto e final desta iniciativa consistirá na elaboración dunha viñeta que, proximamente, será publicada na páxina web da Mancomunidade de Ordes.).

6 de agosto de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.