publicidade hoxe

O concurso de camisetas reunirá a máis de 2000 persoas na praza maior do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

 Este sábado será unha das citas máis importantes da Festa do Pulpo, o concurso de Camisetas do Pulpo. A previsión dos organizadores é que sexan máis de 100 as peñas que participasen neste concurso, cada unha cun deseño distinto de camisetas, sempre con alusións á Festa. Isto quere dicir que serán máis de 2000 persoas as que se concentrarán na Praza Maior, e que percorrerán as rúas do centro , acompañados por unha batucada, animando a noite máis longa do verán carballiñés. Noite que, en moitos casos, adoita acabar ao día seguinte xa no parque municipal onde se celebrará a 53 edición da Festa do Pulpo.

Ese domingo, calcúlase que O Carballiño recibirá máis de 90.000 visitantes, que acudirán chamados polas caldeiras das pulpeiras de Arcos que desde as 10:00 horas estarán xa preparando o famoso Polbo a Feira. Para ese día, só no Parque Municipal estarán instaladas 24 pulpeiras , ademais de 11 tabernas e 6 minibares.

Sobra a venda de entradas, os organizadores sinalaron que quedan xa moi poucas, polo que animan aos que aínda non as adquiriron a que acudan ao concello para compralas e poder gozar do menu do recinto oficial.

5 de agosto de 2015 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.