O Concello fai un chamamento á colaboración dos carballineses para manter máis limpo o municipio
Os responsables municipais do concello do Carballiño están a solicitar os veciños a súa colaboración para manter a vila e o municipio máis limpo e, sobre todo, ofrecer a mellor cara os miles de visitantes que durante este días acudirán o pobo atraídos polas festas do Pulpo, as Xociviga ou a festas patronais.
Por elol lembra a todo e a todas que non se poden depositar bolsas de lixo nas papeleiras nin nos lugares públicos ou privados. Tan so se poden depositar nos contenedores ubicados por toda a vila e o municipio para tal fin. Asi mesmo lembran que estas bolsas de lixo depositadas nos contenedores denben estar correctamente pechadas, e non se depositen antes das 20:00 horas.
Por outra banda se lembra que existen ordenanzas municipais onde se recollen as sancións que se poderán impoñer a todos aqueles que incumplan estas normas.