publicidade hoxe

O Concello de Cangas solicita colaboración aos hostaleiros para as Festas do Cristo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O equipo de traballo que leva as Festas do Cristo no Concello de Cangas formado polos concelleiros de Participación Veciñal Transparencia e Asociacionismo, Eva Rodríguez, o de Cultura e Normalización Lingüística, Heitor Mera e de Mocidade e Voluntariado, Andrés García, iniciaron unha campaña para que hostaleiros cangueses contribúan economicamente nas Festas do Cristo 2015.

Todos os establecementos colaboradores recibirán un adhesivo insignia que faga constar a súa implicación coas festas. Ademais, a web do concello publicará o nome e o logo dos establecementos participantes que así o soliciten.

Para facer a achega económica, os interesados deberán depositar a súa doazón en calquera sucursal de Abanca no seguinte número de conta aberto para as Festas do Cristo: 2080-5022-13-3110008937.

4 de agosto de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.