publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal no concello coruñés de Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosTeo
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura central de Santiago informaron hoxe da imputación dun home como presunto autor dun incendio forestal en Teo. Nesta actuación, como é habitual, os axentes contaron coa colaboración da Brigada de Investigación de Incendios Forestais (B.I.I.F.) da Consellería do Medio Rural e do Mar.

O lume que se lle imputa aconteceu o pasado 31 de xullo no lugar de Recesende, despois do lanzamento imprudente —nestas datas e condicións climatolóxicas— dunhas bombas de palenque con motivo das festas patronais.

Os restos dos artefactos provocaron un incendio que arrasou 6.000 metros cadrados de monte raso e que tivesen que intervir os servizos de extinción de incendios da Xunta. As correspondentes dilixencias remitíronse ao Xulgado de Garda de Santiago. No que levamos de ano, a Policía Autonómica leva imputadas xa a 44 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.

5 de agosto de 2015 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.