publicidade hoxe

Éxito de público no Encontro de Bandas de Lousame con máis de 250 asistentes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Encontro de bandas

Encontro de bandas

O Encontro de Bandas do Concello de Lousame rexistrou onte un novo éxito de convocatoria. Foron máis de 250 as persoas que acudiron á praza de San Roquiño para ver as actuacións das tres agrupacións participantes.

O Encontro comezou pasadas arredor das 18.00 horas e contou coa participación da Banda de Música de Arzúa, da Banda de Música Municipal de Caldas de Reis e da Banda Municipal de Música de Lousame. En total, 135 músicos para unha actuación conxunta aos que se sumaron os máis de 250 asistentes. O evento, unha das principais citas culturais do verán no municipio, realizouse, un ano máis, como homenaxe á memoria de Prudencio Romo, compositor e intérprete falecido en 2007 e que, entre outros cometidos, exerceu como director musical do grupo Los Tamara. 

31 de agosto de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.