publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Detido por supostos abusos sexuais a menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondariz-BalnearioPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Garda Civil detiveron un veciño de Mondariz-Balneario (Pontevedra), A.V.G., de 45 anos de idade, como presunto autor dos delitos de agresión sexual a menores, detención ilegal e lesións, segundo confirmaron fontes do Instituto Armado.

   A investigación, dirixida pola Policía Xudicial da Garda Civil de Tui, iniciouse hai 6 meses, a raíz dunha denuncia presentada pola familia dunha menor en Ponteareas.

   No transcurso dos meses posteriores presentáronse outras dúas denuncias, e as pescudas foron moi complexas xa que, entre as dilixencias practicadas, houbo que comprobar 25.000 coches da mesma marca e modelo que o vehículo que se viu en cada un dos lugares onde se cometeron os delitos.

   A colaboración das vítimas, algunha das cales tivo que ser hospitalizada polas graves lesións que lle produciu o agresor, foi decisiva para dar co suposto autor dos feitos, que foi arrestado na tarde do xoves na localidade de Nigrán (Pontevedra).

INGRESO EN PRISIÓN

   Os feitos denunciados, nos que presuntamente está implicado o detido, aconteceron en Ponteareas, Mondariz-Balneario e Nigrán, entre o 21 de febreiro e o 25 de xullo deste ano.

   O detido foi posto a disposición do xulgado de instrución número 3 de Ponteareas, que decretou o seu ingreso en prisión.

21 de agosto de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.