publicidade hoxe

Deteñen “in fraganti” a un individuo cando estaba a roubar cableado de cobre en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte CaldelasSucesos
A-
A+
Material requisado

Material requisado

A Garda Civil detivo a un individuo de 29 anos,  de nacionalidade romanesa e con residencia en Portugal no lugar de Insua do Termo municipal de Ponte Caldelas (Pontevedra).O servizo que tivo lugar o día 02 de agosto sobre as 03:00 horas cando unha patrulla da Garda Civil de Pontevedra desprazouse á zona alertada por varios veciños que avisaron sobre un corte de liña telefónica. 

Ante a posibilidade de que os supostos autores puidesen atoparse nas proximidades, efectuouse un dispositivo de peche que deu como resultado a detección de tres persoas abandonando unha masa forestal e introducíndose nunha pista próxima onde previamente depositaran o cobre, tras darlles o alto danse á fuga introducíndose dúas delas nun monte e interceptando a un terceiro o cal portaba na súa fuxida unha serra e un Cutter, procedendo á súa detención por un delito de furto. Por forza actuante realizouse unha batida pola zona para localizar ao resto de autores con resultado negativo. 

O material recuperado foi trasladado a dependencias oficiais, valorándose o cobre subtraído nuns 3500 euros cun peso de 628 quilogramos e os danos producidos en 7000 euros aproximadamente. 

Continúase coa investigación para identificar e localizar ao resto dos autores.

7 de agosto de 2015 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.