publicidade hoxe

Culleredo inicia a programación especial de agosto na biblioteca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Decenas de nenos gozaron este fin de semana co show do novo ilusionista Dani Martín, que o Concello de Culleredo organizou ao aire libre na praza de Santa Gema, en Fonteculler.  O espectáculo Don Gelati ilusionou aos pequenos, que non ocultaron a súa admiración en cada un dos trucos do mago.

O Concello desenvolveu así unha das primeiras actividades culturais  no exterior que se celebran na praza de Santa Gema. Aproveitouse o clima estival para programar actividades ao aire libre.

Ademais, o Concello iniciou hoxe a programación especial da Biblioteca Municipal. A iniciativa conta con talleres variados para todas as mañás, de luns a xoves, do mes de agosto.

O Concello disporá as actividades entre Vilaboa, na Biblioteca de Vila Melania, e O Burgo, no Conservatorio, dadas as obras que levan a cabo no Edificio de Servizos Múltiples. A Concellaría de Cultura deseñou unha variada programación, baseada principalmente no ámbito das manualidades, dirixida para nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade.

As actividades comezan cun taller de figuras con jumping clay. Todas serán en horario de 11.00 a 12.00 horas. O programa é o seguinte:

Luns 3: Figuras con jumping clay (Vilaboa)
Martes 4: Figuras con jumping clay (O Burgo)
Mércores 5: Taller de chapas (Vilaboa)
Xoves 6: Taller de chapas (O Burgo)
Luns 10: Elaboración de estoxos con tetrabrik (Vilaboa)
Martes 11: Elaboración de estoxos con tetrabrik (O Burgo)
Mércores 12: Decoración con papel (Vilaboa)
Xoves 13: Decoración con papel (O Burgo)
Luns 17: Cartel personalizado (Vilaboa)
Martes 18: Cartel personalizado (O Burgo)
Mércores 19: Taller de funda de teléfono móbil con fieltro (Vilaboa)
Xoves 20: Taller de funda de teléfono móbil con fieltro (O Burgo)
Luns 24: Taller de estampación (Vilaboa)
Martes 25: Taller de estampación (O Burgo)
Mércores 26: Xogo de pistas (Vilaboa)
Xoves 27: Xogo de pistas (O Burgo)

A inscrición para cada unha das actividades  efectuarase na semana previa nas instalacións da biblioteca de Vilaboa ata cubrir prazas.

3 de agosto de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.