publicidade hoxe

Catro anciáns trasladados por inhalación de fume no desaloxo por incendio dun centro de maiores de Fisterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFisterraSucesos
A-
A+
Europa Press

Un centro de maiores da zona de Fisterra tivo que ser desaloxado esta madrugada a causa dun incendio rexistrado no inmoble, polo que catro anciáns foron trasladados ao centro hospitalario por inhalación de fume. O servizo de Emerxencias 112 recibiu a alerta dun particular sobre as 4.45 horas desta madrugada, indicando que “saía moito fume” dunha residencia situada na rúa Alfredo Zaralegui, en Fisterra.

Ao lugar desprazáronse de inmediato efectivos do corpo de Bombeiros de Cee e aos servizos sanitarios, que enviaron varias ambulancias ata o lugar. No dispositivo participou tamén a Garda Civil, Protección Civil de Fisterra e GES de Muros.

O incendio iniciouse na capela do edificio e obrigou a desaloxar a residencia debido ás altas temperaturas rexistradas. Unha vez localizado o foco, os efectivos do parque comarcal confirmaron que arderon os mobles da capela situada na planta baixa.

As lapas obrigaron a desaloxar 15 anciáns e a dous menores, todos eles realoxados en vivendas particulares e posteriormente nun colexio próximo. Catro deles foron trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira afectados por inhalación de fume.

3 de agosto de 2015 | 11:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.