publicidade hoxe

Barca Toba acaba segunda nos 10 quilómetros de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesMarínPontevedra
A-
A+

Marín volveu encherse de corredores populares nos 10 quilómetros da vila costeira con preto de 600 participantes. A destacar a actuación da atleta da Sociedade Ximnástica, Barca Toba que acabou subindo ao podio como segunda clasificada da categoría feminina. Tamén hai que mencionar a Fran Iglesias que entrou en meta entre os 10 mellores da carreira cunha brillante novena posición.

Na parroquia de Angrois disputouse outra carreira do circuíto Corresan do Concello de Santiago de Compostela, aínda que non correron os atletas seniors da Sociedade Ximnástica, hai que mencionar as actuacións de Carolina Santos na carreira sub12, que acabou gañando e Pedro Santos que na categoría Sub16, faltoulle moi pouco para acabar terceiro, entrando en meta en cuarta posición.

O calendario de 2016 centrou a atención da Xunta de Goberno da RFEA

Ademais do Campionato de España Absoluto, en Castelló a RFEA celebrou reunións da súa Xunta Directiva e Comisión Delegada da Asemblea para ir preparando a próxima tempada.

A Sociedade Ximnástica como membro de ambos os organismos achegou o seu parecer respecto ao que vai ser o último curso da actual presidencia xa que a finais de 2016 tocan eleccións.

Ademais do seguimento habitual ás contas da RFEA, aprobáronse algunhas das sedes dos Campionatos de España de 2016, entre outras o nacional absoluto de pista cuberta que volverá celebrarse en Madrid, tras moitos anos de ausencia; mentres que o absoluto en pista ao aire libre será en Xixón.

Outro aspecto a mencionar é a normativa de licenzas, tras a entrada en vigor da lei de licenza única, o pasado 1 de xullo, decidiuse esperar a que o Goberno da nación aprobe a normativa que a desenvolva.

4 de agosto de 2015 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.