publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Arde por completo un vehículo tras sufrir un accidente en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVimianzo
A-
A+
Europa Press

Os Bombeiros de Cee sufocaron na mañá deste luns un incendio declarado nun vehículo que sufriu un accidente en Vimianzo (A Coruña) e que foi completamente destruído polas lapas, aínda que o seu condutor puido saír polos seus propios medios antes de que se iniciase o lume. Segundo a información do Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia o suceso aconteceu pasadas as 9.00 horas deste luns na estrada que une Vimianzo e Cee, á altura do Cruce de Baíñas, cando o vehículo se saíu da estrada e caeu por un burato.

Ata o lugar do suceso desprazáronse, ademais dos Bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. O condutor, que saíu do vehículo polos seus propios medios e atopábase desorientado, foi trasladado nun coche particular ao PAC de Vimianzo e, dende alí, derivado ao Hospital Comarcal de Cee.

31 de agosto de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.