publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Agolada recibe un vehículo para Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgolada
A-
A+
Entrega do vehículo

Entrega do vehículo

O señor alcalde de Agolada, D Ramiro Varela Peón, acompañado do Xefe da Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Agolada e persoal da policia local, se desprazaron na data de hoxe 5 de agosto ate a Cidade da Cultura en Santiago de Compostela para a recepción dos equipamentos para emerxencias concedidos pola Dirección Xeral de Emerxencias en base as axudas solicitadas polo AEDL municipal de Agolada para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Agolada.

O equipamento concedido consiste en un  vehículo tipo furgón Renault Trafic para traslado de persoas e materiais e un esparexador de sal para os días de conxelación das estradas no inverno.

O citado equipamento foi entregado ao Xefe de Protección Civil de Agolada , José Antonio Vázquez Val, que acudeo acompañado do Sr Alcalde Presidente de Agolada D Ramiro Varela e do xefe da Policía Local don Ovidio Reboredo. Os equipos  foron entregados polo Vicepresidente da Xunta de Galicia D. Alfonso Rueda.

5 de agosto de 2015 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.