publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta eleva a 3.000 as hectáreas calcinadas no gran incendio do verán rexistrado en Cualedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCualedroLocal PortadaPortada esquerdaViana do Bolo
A-
A+
Europa Press

A Xunta de Galicia elevou a unhas 3.000 as hectáreas calcinadas no primeiro grande incendio do verán, rexistrado no concello ourensano de Cualedro. Ás 12,15 horas deste luns foi desactivada a ‘situación 2′ de alerta por risco para as vivendas, pero o lume, que se iniciou ás 12,12 horas do domingo, aínda segue activo.

Nos seus labores de control, segundo o último parte da Consellería de Medio Rural, participan tres técnicos, 25 axentes forestais, 61 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 7 helicópteros e 9 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

CONTROLADO EN VIANA

Por outra banda, o departamento autonómico informou de que dende as 13,21 horas está controlado o lume declarado en Viana do Bolo, na parroquia de Pradocabalos.

Neste outro punto da provincia ourensana, segundo as estimacións provisionais, arderon 198 hectáreas, e participaron un técnico, 13 axentes forestais, 42 brigadas, 17 motobombas, 5 pas, 9 helicópteros e 6 avións.

En canto ao resto, segue controlado outro lume en Viana, na parroquia de Pexeiros, que arrasou unhas 70 hectáreas; un en Manzaneda, en Cernado, que calcinou unhas 250 hectáreas de Rede Natura e outro en Ourense, en Cudeiro, cunhas 54,9 hectáreas rasas arrasadas.

31 de agosto de 2015 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.