publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta comeza dúas actuacións de estabilización de noiros en estradas de Muros e Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaMurosRiveira
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas vén de comezar hoxe dúas actuacións para mellorar a estabilidade de dous noiros, un no Concello de Muros e o outro no núcleo de Riveira. Trátase de tarefas que se levan a cabo mediante os contratos de conservación ordinaria. As dúas actuacións afectarán a beiravía e unha parte dun carril da estrada, polo que se permitirá o paso alternativo polo carril, regulado mediante sinalistas ou semáforos.

En concreto, as melloras levaranse a cabo no punto quilométrico 89 da AC-400 (A Silva-Bazar), no concello de Muros, onde se vai colocar un pequeno tramo de malla para evitar caídas de material á estrada. Esta actuación, que comeza no día de hoxe, suporá un investimento de 25.000 euros e rematará o 18 de agosto, salvo imprevistos.

Por outra banda, na estrada AC-550 (Cee-Riveira) actuarase nun noiro existente no quilómetro 107, na entrada ao núcleo urbano de Riveira. Neste caso realizarase un reperfilado do noiro para facelo máis tendido, o que requirirá dun investimento aproximado de 15.000 euros. Esta actuación iniciouse tamén no día de hoxe e ten de prazo para o seu remate o 21 de agosto, salvo imprevistos.

6 de agosto de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.