publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policia Autonómica tramita dezaseis actas de infracción por consumo de alcohol por menores en Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Santiago realizaron un control de bebidas alcohólicas por menores de idade na parroquia de Camanzo, concello de Vila de Cruces, no marco do dispositivo activado. Dende a entrada en vigor da a Lei 11/2010, de prevención de consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, a Policía Autonómica está levando a cabo durante as fins de semana unha serie de dispositivos por toda a Comunidade Autónoma co obxectivo de velar polo cumprimento da lei e detectar a venta, consumo e subministro de alcohol a menores.

Con motivas das festas patronais da parroquia pontevedresa, leváronse a cabo tres inspeccións, no marco do dispositivo, onde foron identificadas trinta e cinco persoas, dando como resultado dezaseis actas de infraccións por consumo de alcohol.

5 de agosto de 2015 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.