publicidade hoxe

A nova organización política Miño Plataforma Aberta busca recuperar a trasparencia e boas prácticas para a localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

Miño conta cunha nova organización política que busca aglutinar o voto progresista e de cambio na vila, que rexeita “males menores” como o bipartidismo ou o uso clientelar das institucións e que ten, no seu horizonte inmediato, abrir a política aos cidadáns facéndoa participativa e transparente, nomeadamente no que atingue ao uso de fondos públicos por parte de cargos electos e ao dereito a acceso á información municipal por parte de calquera veciño.

MIÑO PLATAFORMA ABERTA é un partido político de ámbito local, que tentará contribuír e influir democráticamente na política da vila (en nos ámbitos que fose preciso para a súa defensa), e con elo á formación da vontade política dos cidadáns promovendo a súa participación nas institucións representativas de carácter político, mediante a presentación e apoio a candidatos nas correspondentes eleccións

Desde un posicionamiento ideolóxico propio, plenamente identificado coa terra na que nace e busca representar, MPA buscará o seu espazo como unha opción progresista, rexeneradora, na que o cidadán sexa o suxeito político.

As actividades do partido orientaranse a colaborar na elaboración do corpo ideolóxico dA devandita opción política e a axudar a crear as condicións necesarias para que esta se consolide, sustanciando estratexias a curto, medio e longo prazo en aberta oposición a calquera tipo de autoridade, xerarquía ou control social que se impoña ao individiduo si non é estrictamente desexable, necesario e beneficioso para o conxunto da sociedade.

A loita pola igualdade e a liberdade como valores máximos da sociedade democrática, baseada na xustiza social e na solidariedade entre os cidadáns vai ser o elemento central da súa orientación política.

Tendo a rexeneración, trasparencia e participación cidadá como obxectivos irrenunciables, MIÑO PLATAFORMA ABERTA ten na súa formulación básica de traballo denunciar as infraccións do ordenamento xurídico que teñan a súa orixe en calquera discriminación por razón de raza, cor, sexo, opción sexual, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición, e defendelas ante as institucións ou os tribunais de xustiza. Velando para que os cidadáns accedan, en condicións de igualdade, ás funcións e cargos públicos, en especial que o acceso á función pública se realice de acordo cos principios de mérito e capacidade. Neste mesmo senso terá no seu horizonte a denuncia das prácticas consistentes na utilización das funcións e medios das organizacións públicas en proveito, económico ou doutra índole, dos seus xestores, é dicir, calquera clase de corrupción en todos os seus grados e níveis; defendendo os intereses públicos xerais.

O partido non considerará exclusivos nin propios os fins aos que vai dirixida, de maneira que colaborará activamente con outros grupos, asociacións ou partidos que coincidan con devanditos fins, facendo do pacto e o acordo elementos de comportamento e medios para a mellora da organización da vida política, nomeadamente nos ámbitos locais.

A estructura interna e o funcionamento do partido baséase en principios democráticos. Para elo a organización dótase dunha Asemblea Xeral, órgano soberano do partido, constituída polo conxunto dos membros do partido que define os principios e fixa os programas do partido,establece a liña política do mesmo e sinala a súa estratexia, debate e xulga a xestión do Consello Executivo e elixe ao Consello Executivo, cuxos cargos terán unha duración de dous anos contados a partir da súa elección.

O Consello Executivo e o órgano encargado de dirixir a política cotiá do partido, integrado por un Secretario Xeral, Secretario de Organización, Tesoureiro e un máximo de tres vocais. A responsabilidade do Consello Executivo é colexiada, o que non exime aos seus membros da responsabilidade no desempeño das súas funcións.

A estructura organizativa complétase e compleméntase coa Dirección, que é o máximo órgano do partido entre Asemblea Xeral e Asemblea Xeral. Está constituída polo Consello Executivo, o Tesoureiro e ata dez vocais elexidos pola Asemblea Xeral. Ten como obxectivos principais: definir a política do partido entre Asemblea Xeral e Asemblea Xeral, examinar a xestión da Consello Executivo, elaborar o programa electoral, informarse e examinar a adecuada xestión do Tesoureiro ou aprobar os orzamentos do partido.

APOIO AO ALCALDE

MIÑO PLATAFORMA ABERTA inicia as súas actividades formais co mes de agosto de 2015, nunha vila inmersa nun proceso de rexeneración que o bipardismo quere impedir, e xudicializado pola amenaza de bancarrota que supón o caso Fadesa. Cun goberno “unipersonal” da vila resultado dun intento do anterior goberno popular de manterse no poder e perpetuar prácticas pre-democráticas. MIÑO PLATAFORMA ABERTA apoia a continuidade, cando menos temporal, do actual alcalde para “abrir as portas e levantar as alfombras”, de xeito que se coñezan, denuncien e – no futuro – sancionen comportamentos incompatibles coa vida democrática.

A ocultación sistemática de información á cidadanía, e incluso a concelleiros da oposición durante os últimos anos, desembocou nuha situación á que o actual alcalde Ricardo Sánchez podería poñer fin facendo pública e accesible canta información se ven ocultando dende hai anos á cidadanía. MIÑO PLATAFORMA ABERTA conta entre os seus impulsores co alcalde da vila, ao que prestará apoio para manter a liña de actuación actual, centrada na solución de asuntos de emerxencia social e económica (como evitar o inminente embargo derivado do caso Fadesa), a recuperación de medidas de axuda a colectivos desfavorecidos, a saída a consurso de servizos que se están prestando con irregularidade e a apertura de procesos de participación cidadá. Dende MIÑO PLATAFORMA ABERTA instarase ao alcalde e/ou grupo de goberno presente e futuro a que: se abra o concello a cidadanía, facilitando citas diarias (salvo compromisos adquiridos ou ausencia da vila) de calquera cidadán co seu alcalde nun plazo de 24 horas e a apertura dun rexistro de acceso á información, que permita a calquera cidadán o acceso a información básica – completa no caso dos representantes públicos sexa cal sexa a súa cor política – de calqueira expediente. De igual xeito solicitarase ao goberno municipal a inmediata catalogación de Recursos e Potencialidades Turísticas e un Plan de Dinamización Turística, que poña fin ao proceso de degradación da segunda fonte de rescursos da vila durante os últimos anos, favorecendo a “desestacionalización” e evitando a “fuga” de turismo de calidade.

4 de agosto de 2015 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.