publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A moción de censura contra o alcalde de Boimorto votarase en pleno o 14 de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoLocal PortadaPortada dereita
A-
A+
Europa Press

A moción de censura auspiciada polo PP de Boimorto, co apoio do edil do Grupo Mixto José Balado Casal, contra o alcalde deste municipio, o nacionalista Xosé Luís Rivas Cruz, votarase o próximo 14 de agosto, segundo confirmou o propio rexedor .O alcalde -que goberna en coalición co PSOE- explicou que a data se fixou despois de que os promotores da moción presentasen toda a documentación no Concello, onde inicialmente só a formalizaron no rexistro municipal.

Tamén confirmou que será o 14 de agosto, ás 12,00 horas, cando se debata e se proceda á votación da moción, que o rexedor cualificou como unha “manobra premeditada” por parte dos cinco edís do PPdeG co apoio do concelleiro do Grupo Mixto José Balado Casal, que se concorreu ás eleccións municipais polo PSOE.

Rivas tamén vinculou “coas altas esferas” do PPdeG a presentación desta moción, en alusión, en concreto, ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, e ao secretario xeral desta formación, Alfonso Rueda.

“É unha manobra premeditada desde hai tempo e unha fraude electoral”, sentenciou o alcalde, no día en que expuxo ante os medios de comunicación o seu posicionamento sobre o texto presentado, ante rexistro, polos promotores da moción.

Nel, argumentan que este concello vive unha situación de “inestabilidade” e lembran que o edil que foi na lista dos socialistas, José Balado Casal, nunca chegou a estar nese grupo (pasou ao mixto directamente).

POSIBLE RECURSO

Por outra banda, o alcalde explicou que o BNG estuda presentar un recurso contra a lei electoral que regula o transfugismo. “A lei está coxa e ten portas falsas”, sentenciou o rexedor, quen cualificou de “tránsfuga” ao concelleiro do Grupo Mixto, que concorreu ás eleccións municipais polo PSOE.

En caso de formalizar este recurso, dixo que o obxectivo do BNG é “que a redacción da lei estea ben”. “Para que non dea lugar a portas falsas”, insistiu en alusión ao caso de José Balado.

3 de agosto de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.