publicidade hoxe

A ITV de Nigrán ampliará o servizo á cidadanía para atender 55.000 vehículos anuais no 2020

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNigrán
A-
A+
O director Xeral de Enerxía e Minas en Nigrán

O director Xeral de Enerxía e Minas en Nigrán

O director Xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, visitou hoxe as obras que se están a realizar no parque empresarial Porto do Molle que permitirán abrir, no primeiro trimestre do ano que ven, a nova estación de ITV de Nigrán. Unha estación que, segundo salientou, ampliará o servizo á cidadanía e garantirá o correcto funcionamento do parque móbil galego ao realizar 25.000 inspección anuais no primeiro exercicio, que chegarán ata as 55.000 no ano 2020.

“Coas punteiras instalacións que botarán a andar nos vindeiros meses, cun investimento total de 1,75 millóns de euros, avanzamos en eidos fundamentais como son a innovación tecnolóxica, a axilización administrativa e, por suposto, no servizo á cidadanía”, subliñou Bernardo Tahoces, que estivo acompañado polo alcalde de Nigrán, Juan González. Así mesmo, explicou, a nova infraestrutura contribuirá á xeración de emprego e riqueza na comarca, habilitando coa súa apertura 9 postos de traballo, que chegarán aos 16 no ano 2020.

A ITV de Nigrán, salientou o director xeral, contará con dúas liñas de inspección no momento da súa posta en marcha, se vén xa está prevista a activación dunha terceira liña no ano 2020. Desta forma, os cidadáns verán reducidas as esperas para a inspección técnica dos vehículos, á vez que se reduce o tempo de desprazamentos, xa que contarán cunha nova estación máis próxima ao seu domicilio.

Así mesmo, Bernardo Tahoces sinalou a seguridade e o respecto ao medio ambiente como dous dos principais eixos nos que está a focalizar os seus esforzos a industria da automoción. Neste marco, salientou, o labor de Supervisión y Control, que conta con 23 estacións fixas e 10 móbiles que dan cobertura a toda Galicia, garante que os coches que circulan polas estradas da comunidade cumpren con estes parámetros de forma rigorosa, ao tempo que se impulsa a competitividade empresarial.

O investimento realizado na ITV de Nigrán súmase aos máis de 3 millóns destinados, no período 2010-2014, á activación doutras 3 estacións ITV que habilitaron 9 novas liñas de inspección.

5 de agosto de 2015 | 13:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.