publicidade hoxe

A Feira Medieval Mariñeira e a Festa Galega tomarán o relevo cultural nun agosto espectacular en Malpica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMalpica de Bergantiños
A-
A+

Agosto é o mes de Malpica de Bergantiños. En plena celebración da Mostra da Olería de Buño, organizada este ano man a man entre o Concello de Malpica e a Asociación Oleira, a Concellería de Cultura e Turismo non quere que o ambiente decaia a partir da súa clausura, o vindeiro domingo9. Por iso o departamento que dirixe Noelia Freijeiro ten preparado un interesante programa de actividades para a segunda quincena que arrincará o día 14 coaIVFeira Medieval Mariñeira e a Festa Galega.

Este ano os pratos fortes da Festa Galega, pola que en cada edición pasa o mellor do folk galego, serán Milladoiro, Radio Cos e Samarúas, que actuarán o sábado 15. Pero os concertos xa comezarán o venres ás 22.00 horas con tres agrupacións locais: a Banda de Gaitas da AC Malante, as cantareiras da AC Raigañas e o grupo Fol de Veneno. O día forte será o sábado e arrincará ás 19.15 horas co Desfile da Banda de Gaitas da AC Malante dende o Centro Cívico ata o porto, onde continuará a festa coa Banda de Gaitas da Agrupación Folclórica de San Xiao do Trebo (Cariño), a Banda de Gaitas Abelleira (Ponferrada) e a anfitrioa. Samarúas subirá ao escenario ás 22 horas, e despois farano Milladoiro (23.30) e Radio Cos (01.15).

A Feira Medieval Mariñeira tamén botará a andar o venres, pero ás 11 horas. Os postos, arredor de trinta, estarán ubicados ao longo da rúa Eduardo Vila Fano, decorados e ambientados dacordo coa temática do mercado. Pero ademais das casetas de venda de produtos gastronómicos de todo tipo, xogos tradicionais, produtos cosméticos, artesanía en coiro e madeira, xoiería… e moitos máis, os visitantes poderán desfrutar de paseos en poni, espectáculos de zancudos e música en vivo, e obradoiros para os máis pequenos.

4 de agosto de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.