publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A empresa TMC Cancela especialista en deseño e fabricación de maquinaria agrícola e forestal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaGaliciaPortada esquerdaTordoia
A-
A+
Empresa TMC Cancela

Empresa TMC Cancela

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou esta mañá en Tordoia na súa visita ás novas instalacións da empresa especializada en deseño e fabricación de maquinaria de uso agrícola e forestal TMC Cancela a aposta desta compañía polos investimentos, a calidade e a continua innovación tecnolóxica como claves nas que se asentan o seu crecemento e os seus avances en internacionalización.

Neste sentido, Aguilera Navarro destacou entre os diferentes apoios que a Consellería de Economía e Industria pon á disposición do tecido empresarial, no marco da Axenda da Competitividade Galicia- Industria 4.0, o programa “Galicia 1000”, con instrumentos para facilitar os novos investimentos empresariais, e liñas como os préstamos directos Jeremie, á que vén de acollerse a compañía.

TMC Cancela, que durante os últimos anos rexistra incrementos de facturación por riba do 20%, conta cunha filial en Estados Unidos e exporta a 21 países entre os que están Canadá, Rusia, Australia, Alemaña ou Inglaterra. Os obxectivos da empresa pasan por entrar, cada ano, en media ducia de novos mercados internacionais. En 2004 comezou a desenvolver unha estratexia empresarial centrada no deseño e produción de maquinaria propia, contando cun equipo especializado e patentes e tecnoloxía propias. Así, na actualidade, a empresa dispón dunhas modernas instalacións de 50.000 metros cadrados, incluíndo fábrica, almacén e oficinas técnicas.

No marco do programa “Galicia 1000”, Economía e Industria pon a disposición das empresas un amplo abano de instrumentos para atender as diferentes necesidades de financiamento das compañías: capital risco e préstamos participativos; préstamos directos Jeremie, con xuros fixos moi competitivos e prazos de ata 11 anos; microcréditos e préstamos bancarios bonificados de ata 100.000 euros; ou préstamos avalados para financiamento de circulante.

A Xunta ofrece así instrumentos financeiros para apoiar tanto os investimentos, especialmente no ámbito da industria –no marco da Axenda da Competitividade–, como ¬as diferentes necesidades das empresas, para facilitar o seu crecemento e internacionalización, favorecendo, deste xeito, a consolidación do crecemento económico e da creación de emprego en Galicia.

 

26 de agosto de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.