publicidade hoxe

A axenda de Viveomorrazo convértese en referente para estar ao día das actividades de Bueu, Cangas e Moaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasMoaña
A-
A+

O Morrazo ferve de actividades nestas datas estivais, reunindo festas gastronómicas, culturais, concertos, exposicións e obradoiros… Hai que estar ao día para enterarse de todo o que acontece na comarca e por iso a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo – FECIMO- quere destacar a súa axenda de eventos, creada dentro do portal web Vive O Morrazo  que recentemente viu a luz para unir os atractivos dos tres concellos: Bueu, Cangas e Moaña.

Se o portal web está a ter unha boa acollida, o apartado da AXENDA aínda máis, sendo a sección máis visitada polos usuarios e rexistrando un tránsito de máis de 1000 visitas no mes que leva de vida.

Dun modo sixelo, FECIMO aposta por reunir as actividades das tres vilas, moi próximas entre sí, para darlle unha opción máis ampla aos usuarios, que nun mesmo lugar poden acceder ás actividades de ocio da comarca, coa información necesaria, datas e localización no mapa.

Esta semana, por exemplo, cóntase con 19 eventos rexistrados, sendo protagonista o concello de Moaña cos seus “Días de Mar” que se prolongarán ata o 21 de agosto.

Cómpre salientar que esta axenda é editable polos usuarios, que poden acceder e subir os seus eventos sen ningún tipo de rexistro. O único paso a seguir será completar os datos requeridos e agardar a que dende a federación se lle dé o visto bo a información subida.

Na aplicación móbil de Vive O Morrazo, que segue a acumular descargas, a axenda ten un lugar destacado pra o seu fácil acceso. Cada evento aparece xeolocalizado para acceder co navegador ao lugar onde se celebra.

Cóntase coa colaboración dos departamentos de Turismo dos tres concellos para a elaboración desta axenda, pero ademáis FECIMO anima a todas as asociacións e clubes a enchela de actividades dado que eles mesmos poden subir os seus eventos: culturais, deportivos, gastronómicos…

6 de agosto de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.