publicidade hoxe

Xuventude estuda a utilización das instalacións do Centro residencial docente da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron hoxe as instalacións do Centro residencial docente da Coruña, ubicado en Culleredo, co obxectivo de estudar a súa posible utilización por parte desta área autonómica. O centro conta con 372 prazas que son utilizadas por estudantes internos de Bacharelato e Formación Profesional.

Doutra banda, a directora e a delegada aproveitaron a súa visita para saudar aos mozos e mozas de primeiro e segundo de Secundaria que están a participar nunha actividade de verán para practicar o inglés, organizada pola Xunta.

16 de xullo de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.