publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e concellos reforzan a súa colaboración para mellorar a seguridade e a xestión das emerxencias

Entrega de vehículos. Foto: M. Fuentes

Entrega de vehículos. Foto: M. Fuentes

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta tarde de nove vehículos aos corpos de Policía Local dos concellos de Arteixo, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cambre, Cedeira, Laracha, Malpica de Bergantiños e Oleiros, todos eles pertencentes á metade norte da provincia da Coruña.

O acto tivo lugar na Delegación da Xunta na Coruña e contou coa presenza da delegada territorial, Belén Do Campo. Está previsto que mañá, en Santiago de Compostela, se complete á entrega deste tipo de vehículos para a provincia, e que posteriormente se entreguen máis vehículos no resto de concellos galegos.

Segundo manifestou Rueda, tratase dun novo exemplo de colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos para ofrecer o mellor aos cidadáns, neste caso no ámbito da seguridade e das emerxencias. Así, esta importante dotación permitirá mellorar os medios técnicos e de mobilidade destes corpos locais e polo tanto prestar un mellor e máis rápido servizo á cidadanía.

Outros dos exemplos do frutífera que é esta relación e das vantaxes de cooperar entre Administracións son os parques de bombeiros comarcais, a formación na Academia Galega de Seguridade Pública, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal ou os voluntarios de Protección Civil.

Os novos vehículos entréganse ao abeiro dunha orde de axudas en concorrencia competitiva dotada con máis de un millón de euros que lles vai permitir contar aos concellos galegos con case 50 coches e máis de 25 motocicletas para as súas policías locais.

O número dous da Xunta incidiu unha vez máis na importancia da colaboración e da cooperación entre as distintas administracións, especialmente cando se fala de seguridade e de xestión das emerxencias, “que é cando os cidadáns máis o necesitan e máis no lo esixen”.

21 de xullo de 2015 | 21:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.