publicidade hoxe

Xoán Curiel ofrece un concerto en Xove dentro do programa “Estamos no verán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioXove
A-
A+

Mañá, sábado 4 de xullo, pola mañá ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter o CONCERTO “ESTAMOS NO VERÁN” A CARGO DE XOÁN CURIEL. O concerto vai dirixido a tódolos nenos/as, en especial aos que teñan entre 7 e 12 anos, os cales poden vir acompañados polos seus pais e familiares.

Esta actuación, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Xove, está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, dentro do denominado Programa FALAREDES.

Por último, dende o Concello queremos invitar a tódolos nenos/as de Xove ou da Comarca a que veñan a este magnífico concerto, e si poden, que veñan acompañados dos seus pais e familiares.

3 de xullo de 2015 | 10:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.