publicidade hoxe

XIX Poxa de gando selecto da MOEXMU

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

O pasado sábado 18 de xullo do 2.015 tivo lugar a XIX edición da poxa de gando selecto, organizada pola comisión da XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU.

Finalmente, foron un total de 19 cabezas de gando as que participaron na subasta, oscilando os seus prezos de saida entre os 1.500,00 e os 1.800,00 €uros, cun prezo medio de 1.661,00 €.

Os prezos de venda final, alcanzaron un montante final de 27.000,00 €, oscilando entre os 1.500,00 (cando se cubría a poxa mínima), ata os 3.000,00 € que alcanzou “Falcón Stanley Cup 5977”, que foi, por certo, a última vaca vendida durante a subasta. 

A propietaria desta vaca, é a Gandería Falcón, de Crecente – A Pastoriza. As cabezas de gando que presentou a esta XIX edición da poxa da MOEXMU, foron as que alcanzaron un maior prezo de venda, debido sobre todo á calidade das mesma. 

Colaboraron neste certame o Concello de Cospeito e a Xunta de Galicia, ademáis de Hermanos Falcón, Piensos Nanfor ou S.A.T. A Vereda.

24 de xullo de 2015 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.