publicidade hoxe

Vive agosto en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

Baixo o lema “VIVE AGOSTO EN SALVATERRA” o Concello de Salvaterra de Miño presenta un ano máis a súa programación Cultural para o mes de agosto, un programa cunha oferta variada e para todos os públicos.

As actividades empezan o sábado 1 de agosto ás 20.00h, na praza do Concello  co Festival Foclórico A.C. Pontenova, con actuación dos grupos de baile AC Pontenova, San Paio de Alxén e Ondiñas do Mendo de Leirado. A continuación grupos folk Algarabía e Zurrumalla

Sábado 8 de agosto, no recinto da muralla a partir das 23.00h O Son da Muralla con Henry Méndez como cabeza de cartel

Luns 10 de agosto Festividade de San Lorenzo, ás 12.00h misa solemne e a continuación concerto da Banda de Música de Salvaterra de Miño e ás 22.30, na Praza do Concello, concerto da Banda de Música de Salvaterra coas corais Cantemos, Lacedorium, Adaxe e Fogar de Breogán de Salvaterra.

O mércores 12, ás 22.30h na praza do Concello o mago Chrystyan Magic co espectáculo Alén da Maxia

O xoves 13, ás 22.30h na praza do Concello master class e exhibición de Zumba d@s alumn@s de Dinamikorpus Gym de Monçao

O venres 14 de agosto, na praza do concello ás 22.30h, espectáculo infantil a cago do grupo barafunda co espectáculo de clown “Preséntame un pallaso”

O mércores 19 de agosto ás 22.30 horas na praza do Concello actuación da Escola de danza All Styles.

Xoves 20 no recinto da muralla ás 22.00 h cine infantil coa peícula Noche en el museo. El secreto del faraón, e o Venres 21  Paddington

Sábado 22 no recinto da muralla Karaoke, ás 20.00 karaoke infantil e ás 22.30 karaoke adultos, as inscricións xa están abertas.

Martes 25, cine infantil no recinto da muralla ás 22.00h coa película de Bob esponja. Un héroe fuera del agua

Mércores 26 e xoves 27 de agosto ás 20.00h no castelo de Dona Urraca cata comentada, inscricións no Concello de Salvaterra

E venres28, sábado 29 e domingo 30 LVI Festa do Viño do Condado do Tea

16 de xullo de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.