publicidade hoxe

Visita pola ribeira do Miño dende un kayak

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPantón
A-
A+

A oficina de información xuvenil do Concello de Pantón (Omix) organiza unha actividade de travesía en kayak para idades comprendidas entre os 13 e 18 anos e pais dos participantes. Partindo do pantalán de Maiorga (Vilar de Ortelle) farase un percorrido polo curso do río con paradas en puntos de interese, acompañados de monitores titulados.

Data: Luns, 10 de agosto

Horario: Saída da praza ás 16.30 horas en coches particulares.

Duración aprox. : 3 horas.

Prezo: 5 euros ( entre 13 e 18 anos) 7€ (pais ou titores).

Os interesados deberán facer a inscrición no Edif. socioculturade Pantón antes do día7 de agosto.

28 de xullo de 2015 | 10:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.