publicidade hoxe

Vigo acollerá o primeiro campionato internacional de acrobacias urbanas ‘Street Stunts’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVigo
A-
A+
Europa Press
Presentación Street Stunts

Presentación Street Stunts

A cidade de Vigo acollerá entre os próximos días 11 e 12 de setembro un campionato internacional de ‘Street Stunts’, un evento de deportivo de acrobacias en contorna urbana que se celebrará por primeira vez en España. Este espectáculo “do século XXI”, que foi presentado este mércores, reunirá na cidade aos 16 mellores ‘stunters’ do mundo, que competirán nun escenario de obstáculos especialmente deseñado e adaptado á fachada do Real Club Náutico de Vigo.

Este deporte caracterízase por movementos acrobáticos recolleitos baixo o nome de “ximnasia urbana”, e incorpora equilibrio ou parada de mans e saltos mortais e movementos de ‘parkour’. Ademais, ten similitudes con outras disciplinas como artes marciais ou ‘breakdance’.

Segundo os organizadores, esta proposta nace co obxectivo “de converterse nun dos maiores espectáculos dentro das modalidades do denominado deporte urbano e de situar a Vigo como un referente da cultura urbana internacional”.

Ademais da actividade deportiva, paralelamente haberá actuacións en directo de grupos de música, DJ’s, e grupos de bailes vinculados á cultura urbana.

O deputado de Pontevedra, David Regades, trasladou durante o acto a “aposta decidida” do organismo provincial a Vigo, a este evento -porque “Vigo é arte, e é arte urbana”- e á xente nova.

Igualmente, Caballero, felicitou aos promotores desta idea “por traer a Vigo este proxecto”, que cre que terá un “longo percorrido”.

Así mesmo, a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, considerou que este evento de cultura urbana vai atraer aos usuarios deste deporte; mentres que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, destacou que para o organismo “é moi especial que este evento se inicie no porto”.

29 de xullo de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.