publicidade hoxe

Urbaser porá en marcha un servizo gratuíto de recollida selectiva de cartón entre os comerciantes de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O equipo de goberno que encabeza Andrés Díaz Sobral logrou que Urbaser, empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo no municipio de Ponte Caldelas, poña en marcha un servizo gratuíto de recollida selectiva de cartón entre os comerciantes de Ponte Caldelas que funcionará os martes, xoves e sábados.

Esta nova mellora no servizo de recollida de lixo favorecerá a reciclaxe de todo tipo de embalaxes de cartón que habitualmente utilizan os establecementos comerciais de Ponte Caldelas e se enmarca dentro da vontade do equipo de goberno de fomentar unha maior concienciación cidadá en prol da recollida selectiva do lixo e da reciclaxe.

De feito, segundo se desprende de datos que manexa Urbaser, nos últimos anos, en Ponte Caldelas descendeu un 20% a recollida de vidro, un 22% a de envases e un 39% a de papel. 

Pola contra, esta diminución de achegas de material debidamente clasificado para a súa reciclaxe provocou unha diminución, na mesma proporción, de aforro por este concepto para as arcas municipais co que o custo do servizo de recollida de lixo no concello de Ponte Caldelas non se beneficiou do desconto previsto por Sogama por este concepto, facendo así, o servizo máis deficitario dende o punto de vista económico. 

17 de xullo de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.