publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha vintena de xóvenes realizan labores dirixidas a recuperar o xacemento da Cruz do Castro en Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O municipio pontevedrés de Cotobade acolle dende o pasado día 27 de xullo e ata o 5 de agosto un campo de traballo de carácter internacional no que participan como voluntarios 18 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitou hoxe aos participantes, que proceden de Francia (3), Taiwan (2), China (2), Italia, Comunidade valenciana (2), de Castela e León (2), Madrid (2), Castela A Mancha, A Rioxa e Galicia (2).

Este campo de traballo internacional conta cunha temática medioambiental e arqueolóxica. Os voluntarios fan labores de limpeza forestal, dirixidos por un equipo de biólogos, que tamén coordinan a elaboración dun documento único de análise da realidade. Este documento será a base dunha futura actuación sobre o terreo, que recupere e poña en valor o xacemento da Cruz do Castro.

Como complemento, lévase a cabo un itinerario formativo para o emprendemento dos voluntarios en materia de medio ambiente e sobre o traballo que alí se realiza con base nas charlas e obradoiros formativos. Os voluntarios tamén participan en actividades complementarias como obradoiros de liderado, coaching e traballo en equipo, sendeirismo, xeolocalización, veladas, obradoiros, visitas culturais a lugares de interese ou tiro con arco.

En total, a campaña de verán da Xunta oferta este ano 700 prazas en campos de traballo: 465 de acollida, e outras 265 de partida, un 19% máis que o ano anterior. En concreto, das prazas no exterior, 115 son noutras comunidades autónomas, e 150 en máis de 25 países de todo mundo.Os campos de traballo de Galicia son 18: Illas Cíes (4 quendas), Cotobade, Ribadumia, Illa de Cortegada (Vilagarcía), Riós, Muíños, Celanova, Vilar de Barrio, Portomarín, Xermade, Quiroga, Outes, A Laracha (2 quendas), Ponteceso, Boqueixón, Rois e Padrón.

Os campos de traballo forman parte da Campaña de Verán, que en toda Galicia oferta 8.530 prazas, un 3,2 por cento máis que en 2014. Para a súa posta en marcha, a Consellería de Traballo e Benestar inviste 2,4 millóns de euros. Grazas a esta iniciativa, favorécese ademais a contratación de máis de 900 monitores e directores de campamentos.

31 de xullo de 2015 | 14:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.