publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha vintena de cativos participou no XII campionato municipal de pesca infantil de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Día de pesca en Frades

Día de pesca en Frades

Unha vintena de nenos e nenas participou onte domingo na decimosegunda edición do Campionato Municipal de Pesca Infantil, organizado polo Concello de Frades no río Maruzo, ao seu paso pola área recreativa do Muíño de Campoduro, na parroquia de Céltigos. Moitos dos pequenos estiveron acompañados polos seus pais e nais, de xeito que a actividade reuniu a preto de medio cento de veciños e veciñas.

O campionato comezou ás 10:00 horas do domingo, se ben o Concello de Frades soltara horas antes unhas ducias de troitas, moitas das cales foron pescadas na primeira hora polos pequenos, todos eles menores de 16 anos. Unha vez rematada a xornada de pesca, o alcalde de Frades, Roberto Rey, fixeron entrega de cadansúa medalla conmemorativa aos participantes, así como unhas lambonadas para todos os pequenos. O acto rematou cun pequeno almorzo a base de empanada e bocadillos para repoñer forzas.

6 de xullo de 2015 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.