publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha muller de 70 anos falece en Baiona con síntomas de afogamento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaMoañaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Unha muller de 70 anos cuxo nome responde as iniciais M.R.P. faleceu este xoves en Baiona (Pontevedra) tras ser rescatada da auga con síntomas de afogamento, segundo informa o 061. A central de coordinación recibiu unha alerta ás 14,02 horas e ao lugar enviou unha ambulancia asistencial, outra medicalizada e persoal sanitario do centro de saúde de Baiona.

A paciente foi atendida no punto pero os efectivos do equipo sanitario só puideron certificar a súa morte. Nos últimos días foron varias as mortes rexistradas en Galicia por estas causas, sen ir máis lonxe este xoves, cando un home de avanzada idade, veciño de Moaña (Pontevedra), faleceu despois de ser rescatado da auga en estado inconsciente.

23 de xullo de 2015 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.