publicidade hoxe

Unha ducia de equipos participarán na primeira edición do torneo de futbol sala no pavillón de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Unha ducia de equipos participará na primeira edición do Torneo de Fútbol Sala que terá lugar a vindeira fin de semana no pavillón de deportes municipal de Ponte Caldelas e que conta coa colaboración do Concello.

Os equipos que formarán parte do elenco que competirá polos distintos premios proceden de Fornelos, A Lama, Monte Porreiro, Pontevedra e Ponte Caldelas. O gañador, ademais do trofeo acreditativo da xesta, recibirá 500 euros de premio; o segundo clasificado terá trofeo e 200 euros e o terceiro, 100 euros e trofeo.

A organización prevé tamén a entrega de premios para o mellor xogador, o porteiro menos goleado e o goleador do torneo que se disputará nas instalacións renovadas do pavillón municipal de deportes de Ponte Caldelas.

O alcalde, Andrés Díaz, agradeceu ós organizadores que elixiran o Concello de Ponte Caldelas para realizar este primeiro trofeo e animou a tódolos colectivos sociais e deportivos a realizar actividades que teñan como punto de referencia o pavillón de deportes “como un xeito de abrilo á cidadanía e favorecer a práctica saudable do deporte para tódalas idades”. 

Díaz Sobral asistirá á entrega de trofeos que terá lugar na xornada de clausura que terá lugar no pavillón municipal o vindeiro domingo.

17 de xullo de 2015 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.