publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 240 xóvenes participarán no campamento xuvenil “Furelos” de Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMelideXuventude
A-
A+

Un total de 240 mozos e mozas de entre 12 e 17 anos participarán este verán nalgunha das 5 quendas que terán lugar no campamento xuvenil “Furelos” de Melide. A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e a alcaldesa da localidade, Ánxeles Vázquez, visitaron hoxe ao grupo de 60 rapaces e rapazas de entre 12 e 14 anos que están participando actualmente na actividade “Natureza no camiño” con actividades de bicicleta, tiro con arco, orientación, sendeirismo e outras relacionadas coa temática do Camiño de Santiago.

A responsable autonómica destacou ademais que esta instalación acollerá dúas das quendas Implíca-T, do 17 ao 28 de xullo e do 14 ao 25 de agosto, con 60 mozos na primeira e 30 na segunda. Os participantes, de entre 14 e 17 anos, colaborarán como voluntarios en accións relacionadas co Camiño, ademais de practicar outras actividades máis lúdicas como o tiro con arco ou o sendeirismo. As quendas Implíca-T son a principal novidade desta campaña de verán.

En total, en 2015 o departamento autonómico investirá máis de 2,4 millóns de euros para financiar as máis de 8.500 prazas da Campaña de Verán, que se distribúen en campamentos, actividades para maiores de 18 anos, e campos de traballo de toda Galicia. A oferta deste ano é superior nun 3,2% á do 2014.

Ao mesmo tempo, estas actividades permitirán a contratación este verán de máis de 900 monitores e directores de campamentos, na súa gran maioría xente nova. Os campamentos, como o de Melide, terán lugar nos mes de xullo e agosto, nun total de 19 albergues e campamentos da xeografía galega.

3 de xullo de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.