publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un operario falece en Culleredo tras recibir un golpe no peito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un traballador faleceu este mércores en Culleredo (A Coruña) ao ser golpeado no peito por un parafuso dunha máquina hidráulica cando traballaba nun polígono de Ledoño. Segundo recolle o último parte da Central de Atención ás Emerxencias (CAE), o 112 recibiu unha alerta ás 17,30 horas, que solicitou asistencia sanitaria para o home. Con todo, Urxencias Médicas só puido confirmar o falecemento de operario.

Ademais, o 112 requiriu a presenza dos axentes da Garda Civil, dos efectivos de Protección Civil de Culleredo e do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce), por se fose necesaria a atención a familiares da vítima.

15 de xullo de 2015 | 20:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.