publicidade hoxe

Un menor alerta do incendio na cociña dunha casa de Aríns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os servizos sanitarios de urxencias trasladaron esta noite ata un centro hospitalario a unha persoa que resultou afectada por inhalación de fume, despois de incendiarse a cociña da súa vivenda, en Santiago de Compostela. Un menor deu a voz de alerta de que ardía a cociña, polo que o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Santiago, que tras extinguir o lume, comprobaron que había unha persoa que necesitaba asistencia sanitaria.

Por iso, foi alertado o servizos de Urxencias Médicas e tamén solicitouse a colaboración da Policía Nacional e Local de Santiago de Compostela. Os efectivos de extinción indicaron que ardeu a campá extractora da cociña. O incendio tivo lugar sobre as 23.30 horas do luns nunha casa situada na parroquia de Aríns, concretamente, en Fornás.

INCENDIO NO ANTIGO HOSPITAL XERAL

Por outra banda, os bombeiros da cidade, acudiron a outro incendio que se rexistrou no edificio do antigo Hospital Xeral, en Galeras, tamén en Santiago. O 112 Galicia tivo constancia do suceso minutos antes das 22.00 horas, grazas á chamada dun particular que aseguraba que saía fume dun dos cuartos e que, ademais, vira saír a uns catro rapaces do edificio.

Ademais dos efectivos do parque municipal, a Policía Nacional, Local e os efectivos de Protección Civil de Santiago formaron parte do operativo posto en marcha. Os bombeiros confirmaron que ardeu unha almofada, un colchón e mobles de oficina, pero as lapas puideron ser totalmente extinguidas.

7 de xullo de 2015 | 10:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.